sábado, 23 de junio de 2012

Meigas Fora







Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. 
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. 
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras. 
Podres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas. 
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, 
cheiro dos mortos, tronos e raios. 
Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé de coello. 
Pecadora lingua da mala muller casada con home vello. 
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, 
corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cús, 
muxido da mar embravescida. 
Barriga inútil da muller solteira, 
falar dos gatos que andan á xaneira, 
guedella porca da cabra mal parida. 
Con este fol levantarei as chamas de este lume 
que asemella ao do inferno, 
fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, 
índose bañar na praia das areas gordas. 
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse na augardente, 
quedando así purificadas. 
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas, 
quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. 
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: 
si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, 
eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, 
participen con nós de esta queimada.

© Fini Calviño